preloder

EL OSO VUELVE A PORTUGAL DESPUÉS DE 180 AÑOS


10 de mayo de 2019

Compartir::



Compartir en..
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

O oso pardo volve 180 anos despois á fronteira entre Ourense e Portugal
O Instituto de Conservação da Natureza e a Junta de Castilla y León confirman a presenza de exemplares no termo municipal de Hermisende

09/05/2019

O 2 de decembro de 1843, nunha batida que tivo lugar na serra do Gerês, morreu o último oso pardo atopado en Portugal. Cóntano Paulo Caetano e Miguel Pimenta nun libro publicado en 2017, no que percorren a historia do Ursus arctos no país veciño, tronzada hai xa case 180 anos. Ata esta semana, cando o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) de Portugal e a Junta de Castilla y León confirmaron o regreso do úrsido na zona da Teixeira, no termo municipal de Hermisende (comarca de Seabra), e no parque natural de Montesinho, no concello de Bragança. Ambos municipios están na fronteira co concello ourensán da Mezquita.

 

A noticia, acollida con expectación entre os servizos de conservación da natureza, “é un fito”, segundo Fernando Ballesteros, biólogo e coordinador de proxectos científicos da Fundación Oso Pardo, que traballa en toda a cornixa cantábrica. O exemplar localizado na comarca da Seabra trátase, probablemente, “dun oso dispersante e novo, e é razoable pensar de que procede de zonas con poboación máis densa, como o Alto Sil, o Bierzo ou León”.

O exemplar foi avistado na Teixeira, preto da fronteira entre Ourense, Zamora e Portugal.

Estas novas evidencias confirman o desprazamento cara ao suroeste do oso pardo, toda vez que a última vez que se detectou a presenza do animal en lugares próximos foi en 2013, cun macho que se instalou varios meses nos montes próximos a Vega del Castillo, ao noreste de Seabra. Naquel momento xa se subliñara a “sorpresa” pola distancia daquel animal ás zonas habituais de distribución.

Ademais da confirmación do ICNF, a Junta de Castilla y León publicou unha nota na que informaba da presenza do oso nesta zona de fronteira. “Nos últimos días do mes de abril constatouse a existencia de danos nunha abellariza, o que puxo en marcha un dispositivo no que interveu persoal da Junta das provincias de Zamora e León. O operativo e a colaboración da apicultora afectada permitiron atribuír a autoría dos danos ao oso e poñer en marcha medidas preventivas para evitar novos ataques”.

Coexistencia, protección e prevención
O ICNF e a Junta están xa a colaborar para realizan novas pescudas que poidan achegar máis información sobre o oso nesta da raia seca. Unha das liñas de actuación será a de garantir a coexistencia cos humanos xunto á protección e a prevención de posibles danos. “Hai que ir na liña do que se está a facer xa en zonas como O Courel: temos que informar á xente da necesidade de coexistir co oso, protexer as colmeas e outras actividades dos ataques e concienciar tamén da riqueza que supón a recuperación da especie”, expón Fernando Ballesteros.
En Castilla y León existe desde o ano 1990 un plan de recuperación da especie, considerada en perigo de extinción. En Galicia, onde o oso estivo a piques de desaparecer, a Xunta aínda non implementou o plan de conservación, cuxo borrador data de 2013. Non en tanto, entidades como a Fundación Oso Pardo, a través do plan Life Oso Courel, desenvolven medidas de protección e para fomentar a coexistencia entre o animal e as actividades humanas.

 

Fuente:

Manuel Rey

 

GCiencia

Comments

Naturaleza Iberica